CROAS (REIGOSA): atopouse fai 33 anos un monumento funerario con forma humana da época romana. Hoxe atopase no museo provincial de Lugo.
BRETOÑA : Hai restos da antiga basílica e das sepulturas paleocristianas.Trátase dunha igrexa de tres naves e ten moitas inscripcións, unha delas é do século IX e fai referencia a consagración do antigo templo no honor de Santa María Madre de la Paz.
En San Cosme da Castiñeira, unha capela adicada a ese santo. A festividade é o 27 de setembro.
SALDANXE , capela de San Isidro e fonte milagreira do santo,é de propiedade privada.
FONMIÑÁ ( NACEMENTO DO MIÑO ) Nestas terras nace o río Miño, un dos mais emblemáticos e caudalosos de Galicia , a fonte ten aproximadamente 350 metros cadrados, hai un grupo escultórico do Deus Breogán feito por Magín Picallo e Manuel Mallo no ano 1969. e un cruceiro. O entorno invita a practica do senderismo, a bicicleta de montaña e a os paseos a cabalo.
BALTAR: ( Capela de San Xulián) : está ao carón dunha fonte milagreira que cura moitas doenzas. A capela foi feita ao comenzo do século XX cos restos da antiga igrexa de Vilar en Pousada.
En Baltar tamén atopamos o Castro de Sá e a cova o carón do Miño , hai tamen unha área recreativa o cron deste río é un paseo ata os muiños de Anllo. No tunel que leva a auga ata estes muiños estiveron escondidos moitos republicanos durante a guerra civil.
FITOIRO: Capela de San Adrián.
PASTORIZA: Área recreativa do Acebreiro