Fondo cabecera Concello de A Pastoriza

Economía

contenido_economia

Pese a que o sector agropecuario é a base económica do municipio, dando ocupación ao 76% da poboación activa, debemos falar dun antes e un logo da concentración parcelaria: con anterioridade, A Pastoriza era un municipio de economía estancada, onde a emigración constituía a única vía de saída á excesiva parcelación e ás malas comunicacións.

Posteriormente, a concentración das terras de labor permitiu o abandono das prácticas agrícolas tradicionais e, consecuentemente a modernización das explotacións así como a especialización ganadeira, coa construción de novas instalacións e un aumento da productividade do campo. Na actualidade, destaca a gandería bovina destinada á produción láctea e cárnica ademais das explotacións de recría de novillas e dos sistemas de estabulación libre para o equino. Contabilizan uns vinte milleiros de reses, tres mil cabezas na cabana porcina e mil na de ovino, cifras que converten á cabana gandeira da Pastoriza nunha das máis importantes da provincia de Lugo.

No que respecta á explotación forestal as grandes talas realizadas con motivo da concentración parcelaria limitaron as extensións dedicadas a este sector, aínda que se conserven algunhas plantacions de piñeiros e eucaliptos que substituíron aos carballos, abeneiros e alisos. Actualmente o terreo forestal ocupa o 65% da superficie total municipal. A industria relaciónase coa explotación dos recursos naturais da zona, destacando o sector extractivo e o de fabricación de materiais para a construción (ladrillos, pizarras e pedra).

O sector servizos concéntrase na capital municipal e en Bretoña, dando traballo ao 8% da poboación activa.


Industrias: extractivas e fabricación de materiales de construcción.

Feiras: Bretoña (domingos alternos); Reigosa, segundo y cuarto sábado (ya no se celebran)

Información sobre el documento

Escudo del	Concello de A Pastoriza
Concello de A Pastoriza
Plaza Galicia N°1 – 27287 A Pastoriza - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 332 197
E-mail: administracion@concellodapastoriza.es
Esta página utiliza cookies propias y de terceros con la finalidad de mejorar la navegabilidad, usabilidad y los contenidos. Si continúas navegando, nos otorgas tu consentimiento y autorizas a la transferencia de datos a EEUU al utilizar el servicio y funciones de Google para la recopilación de datos analíticos y fines publicitarios. Puedes conocer más acerca de las cookies en nuestra Política de Cookies. ACEPTAR | +info