Dende o punto de vista demográfico, A Pastoriza, con pouco máis de 4.000 habitantes no ano 1991, presenta unha densidade de poboación de 24'52 hab./Km2 e un hábitat rural moi diseminado -unhas 10 aldeas por parroquia-. A evolución demográfica mostra unha forte inflexión desde a década de 1940, en que alcanzou o seu máximo, ata a actualidade. Unha forte e prolongada emigración causou unha gran sangría demográfica ao privar ao municipio das mellores forzas produtivas, ata a chegada da concentración parcelaria na década dos anos 60.
Censo: 4.294 habitantes.
Densidade: 24'52 hab./Km2.